A Real Academia Galega de Belas Artes acordou celebrar o “Día das Artes Galegas” 2026 dedicándollo a José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional. Nado en Allariz en 1902, cunha traxectoria marcada pola vangarda e polo exilio, estaba dotado dunha sólida formación intelectual e dun pensamento liberal. Relacionouse con ?guras destacadas da cultura española como Unamuno, Blanco Amor, Seoane ou Alberti, así como da internacional como Akira Kurosawa.
A súa obra fotográ?ca, in?uída pola Nova Obxectividade, caracterízase por unha mirada moderna, re?exiva e centrada na ?gura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras. A súa ?gura, complexa e sensible, consolidouse como unha das máis relevantes da fotografía galega e como un referente artístico de dimensión internacional.
Por todo o cal, a nosa Academia realizou un documental baixo a dirección do académico Xurxo Lobato titulado “José Suárez, a mirada humanista” sobre a vida e a obra do artista que vai ser proxectado o vindeiro xoves 12 de novembro ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202 – 204. Ferrol) así como por diferentes ciudades e vilas galegas.
O filme conta coas intervencións de Xosé Luis Suárez Canal, Manuel Sendón, Juan Manuel Bonet, Mónica Carabias, Carlos L. Bernárdez, Acisclo Manzano, Xabier Casares, José Luis Castro de Paz e Manuel Quintana Martelo, correndo a montaxe e postproducción a cargo de Marma e a produción a cargo Real Academia Galega de Belas Artes con apoio da Deputación da Coruña.
A iniciativa da celebración do “Día das Artes Galegas” na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi Isaac Díaz Pardo.


.jpg)



