O vindeiro martes 24 de novembro ás 19:30 horas terá lugar una nova charla do Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
No acto, o arquitecto Lucas Díaz Sierra (Díaz & Díaz Arquitectos) impartirá a conferencia "Arquitectura, Territorio e Innovación" na que a relación entre o territorio, a paisaxe e a arquitectura constituirá o fío condutor da mesma, na que Lucas Díaz Sierra percorre a súa traxectoria profesional a través dun xeito de entender e proxectar profundamente vinculada o lugar e á súa identidade. O seu traballo caracterízase por unha arquitectura arraigada no contexto, sustentada no rigor técnico e construtivo e orientada cara á innovación, a sustentabilidade e a procura constante de solucións capaces de responder os desafíos contemporáneos situando sempre ás persoas no centro do proxecto.
A charla continúa cunha aproximación á actividade máis recente do estudo, a través de tres proxectos de especial relevancia que mostran a diversidade de escalas, programas e solucións construtivas da súa arquitectura: las 74 vivendas protexidas de Valdecorvos, en Pontevedra; os estudios virtuais da Cidade das TIC, na Coruña; e a rehabilitación integral do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. Tres intervencións que permiten reflexionar sobre a vivenda colectiva, a adaptación de espazos a novos usos tecnolóxicos e a transformación de grandes conxuntos arquitectónicos, poñendo de manifesto unha forma de proxectar que combina innovación, eficiencia, sensibilidade cara ao contexto e humanización dos espazos.
Finalmente, a ponencia proxecta a mirada cara ao futuro, abordando novos desafíos e oportunidades que poñen de manifesto o potencial da arquitectura como motor de transformación.
Todos os actos dos “Martes das Artes” teñen lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
LUCAS DÍAZ SIERRA
É arquitecto e socio fundador de Díaz & Díaz Arquitectos SLP Arquitecto e está titulado por la Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona no ano 2000.
Cofundador e director, xunto con Gustavo Díaz García, de Díaz & Díaz Arquitectos, estudo galego con sedes na Coruña e Madrid e unha traxectoria consolidada de máis de 25 anos.
A súa experiencia profesional está profundamente vinculada ao territorio, á paisaxe e, especialmente, ao litoral galego, cuxa identidade e singularidade influíron de xeito decisivo na súa forma de entender e proxectar.
O seu traballo caracterízase por unha arquitectura arraigada no lugar, sustentada no rigor técnico e construtivo e orientada cara á innovación, a sustentabilidade e a procura constante de novas solucións capaces de responder os desafíos contemporáneos.


(1).jpg)



