A Real Academia Galega de Belas Artes, en colaboración coa Deputación da Coruña, dará inicio o vindeiro luns, 15 de xuño, aos ‘7º Encontros de Mariñán 2026”. Residencia de Artistas Emerxentes’, unha actividade organizada para crear sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior de Galicia. O evento celebrarase ata o venres 19 de xuño no Pazo de Mariñán, en Bergondo.
Cada edición, toma como referencia a traxectoria dun artista, sendo en 2026 o fotógrafo José Suárez, homenaxeado no Día das artes Galegas 2026. Partindo da súa obra, proponse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática «Luz: espazo e instante»
O encontro, que durará cinco días, conta cunha variada programación, coas intervencións de Xurxo Lobato, Miguel Anxo Seixas, Xosé Luis Suarez Canal, Mónica Alonso ou Celestino García Braña.
Os alumnos, procedentes das ensinanzas artísticas de Galicia desenvolverán os seus proxectos que serán presentados o xoves, 18 de xuño, ás 19:00 horas, nunha xornada de portas abertas. Participarán as escolas EASD Antonio Failde, EASD Ramón Falcón, EASD Pablo Picasso, EASD Mestre Mateo, Facultade de Belas Artes e de Deseño da Universidade de Vigo, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e a ESAD de Galicia.
Para ver os proxectos premer acó


.jpg)



