O vindeiro 16 de xuño terá lugar ás 19:30 horas o cuarto dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento cun concerto a cargo do pianista Javier Vázquez Grela, que interpretará as obras de Fernando Alonso “Diálogos en la penumbra” e “Voyages…” rematando coa “Sonata Fantástica en Si bemol maior, Op. 30” de Marcial del Adalid.
Marcial del Adalid y Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Oleiros) o 16 de outubro de 1881 ten una vinculación coa Real Academia Galega de Belas Artes incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás “Medallas Marcial del Adalid” que tanta importancia tiveron e teñen na sociedade galega pola posta en valor da actividade musical que se desenvolve en Galicia, manifestada singularmente nos coros e nas bandas de música, ferramenta fundamental de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras esenciais do noso rico patrimonio musical.
Javier Vázquez Grela é un pianista nado na Coruña en 1971, cidade onde iniciou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música cos pianistas Natalia Lamas e Rafael Sebastiá. Posteriormente especialízase en acompañamento vocal con Miguel Zanetti en Madrid.
Completa a súa formación na Academia Luthier de Barcelona co pianista Antonio Ruíz Mellado onde obtén o diploma de concertista “Cum Laude”.
Asistiu a cursos e recibido consellos de pianistas como Eulalia Solé, Charles Spencer, Dalton Baldwin, Eric Heidseck, Luiz de Moura, Vladislav Bronevetzky, Guillermo González, Edith
Pitcht-Axenfeld ou Philippe Entremont.
Desde o ano 1998 é pianista acompañante do Conservatorio de Música da Coruña. Actuou como solista e acompañante en numerosas salas de concertos de España, Holanda, México, Inglaterra, Escocia, Francia, Portugal, Hungría, Rusia, Xapón, Colombia e Uruguai.
O Ciclo “Bicentenario Marcial del Adalid (1826-1881)” está encadrado nos “Martes das Artes”.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense.


.jpg)



