A Real Academia Galega de Belas Artes celebrará mañá sábado, 13 de decembro, a sesión extraordinaria pública na que se fará entrega da Medalla de Ouro Marcial del Adalid á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. O evento celebrarase ás 19:30 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo Carballo, 3).
Inaugurará a sesión o presidente, Manuel Quintana Martelo; a continuación a académica da Sección de Música da RAGBA, Rosa Cedrón, realizará a laudatio na que destacará o papel da institución musical como difusora da polifonía clásica e sacra e da música popular galega harmonizada para , seguidamente, proceder á imposición da Medalla de Ouro Marcial del Adalid e á entrega do Diploma ao presidente da coral, Xosé Carlos Valle. De seguido, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, dirixida baixo a batuta de Nanette Sánchez, ofrecerá un recital no que interpretarán varias pezas musicais: Si vas a San Benitiño (A. Blanco Porto, 1890-1940); Unha noite na eira do trigo (M. Ángel Viro, 1937, con texto de Manuel Curros Enríquez); e Deitadiño está nas pallas (popular, con arranxo de Luís Bolón A. Isorna Ríos, 1914-1966).


.jpg)



