O vindeiro martes, 7 de outubro terá lugar ás 20 horas na Real Academia Galega de Belas Artes o concerto, “Octavio Vázquez con el Cuarteto Opus X” composto polas obras “Cuarteto Op. 131” de Ludwig van Beethoven, que será interpretado polo Cuarteto Opus X (Carolina María Cygan, violín; Ruslana Prokopenko, violoncello; Ludwig Dürichen, violín e Jeffrey Carl Johnson, viola) e “Piano Quintet (2021)” de Octavio Vázquez que será interpretada polo mesmo compositor ao piano xunto cos componentes do Cuarteto Opus X.
Esta obra fará a súa estrea en Europa e foi realizada por encargo do Aspen Music Festival and School, Robert Spano, Music Director, con fondos dunha xenerosa doazón de Ralph Crispino Jr.
Para ver programa premer acó
Para ver currícula premer acó


.jpg)



