O vindeiro luns 13 de abril ás 10 horas terá lugar no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago a conferencia “Vida e obra de José Suárez” a cargo do fotógrafo e sobriño de José Suárez Xosé Luis Suárez Canal, acto que contará coas participacións da decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel Rodríguez Vázquez; da decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira e do académico e fotoxornalista Xurxo Lobato.
O acto está encadrado nas actividades que se celebrarán durante o ano co gallo do Día das Artes Galegas 2026, dedicado nesta edición ao fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente, o alaricano José Suárez, para dar a coñecer a súa figura e obra á sociedade.


.jpg)



