O vindeiro mércores 29 de abril ás 11:20 horas terá lugar na, Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela a cuarta charla-coloquio sobre a colección de arte do Parlamento de Galicia.Tamén, na mesma data ás 12 horas principiará a charla programada para a cidade de Ourense, que será na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde. A Real Academia Galega de Belas Artes e a Cámara Galega acordaron, despois dos protocolos asinados, poñer en marcha o programa Charlas-coloquio A Nosa Arte relativo ao fondo artístico da cámara en centros educativos e culturais do territorio galego e que ten como obxectivo divulgar aspectos sobre a valiosa e variada colección de arte do Parlamento Galego, fondos con representación das principais figuras da pintura, a escultura e a fotografía de Galicia.
O primeiro acto correrá a cargo do académico da Real Academia Galega de Belas Artes Felipe-Senén López Gómez, mentres que o segundo, será impartido pola tamén académica María Victoria Carballo-Calero Ramos, ambos os dous membros da Comisión creada pola Academia cara ao asesoramento para a conservación e valorización da Colección artística da cámara.


.jpg)



