O vindeiro 28 de abril terá lugar ás 19:30 horas o terceiro dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento co concerto “Marcial del Adalid. O eco do piano galego” a cargo do dúo “Dolce Vento”, integrado pola soprano Gemma Román e a pianista Andreina Muñoz, que interpretarán as obras de Marcial del Adalid Cantares viejos y nuevos de Galicia (Selección das Series I, II e IV); Gratitud “Nocturno”; Lamento; La pasionaria (polka) así como melodías para canto con acompañamento de piano. Interpretarán , así mesmo, a obra La partenza, dedicada a Adalid e composta por Mariano Soriano Fuertes.
Marcial del Adalid y Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Oleiros) o 16 de outubro de 1881 ten una vinculación coa Real Academia Galega de Belas Artes incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás “Medallas Marcial del Adalid” que tanta importancia tiveron e teñen na sociedade galega pola posta en valor da actividade musical que se desenvolve en Galicia, manifestada singularmente nos coros e nas bandas de música, ferramenta fundamental de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras esenciais do noso rico patrimonio musical.
O dúo Vento Dolce nace en 2015 na cidade da Coruña como resultado dun cruzamento de camiños entre dous profesionais da música de sólida formación académica. A agrupación xorde coa vocación de explorar e difundir a beleza da linguaxe musical universal a través de propostas rigorosas e emotivas. No seu actual espectáculo, "Marcial del Adalid: O Eco do Piano Galego", o dúo propón unha viaxe a través a sensibilidade do compositor coruñés, rescatando pezas que amalgaman o romanticismo europeo coa esencia popular da terra galega.
O programa do recital programa propón unha viaxe pola sensibilidade de Marcial del Adalid (1826–1881), figura central na transición do romanticismo musical español e pioneiro na dignificación da identidade sonora de Galicia. Coetáneo de Mariano Soriano Fuertes —de quen se escoitará a emotiva peza de despedida “La partenza”—, Adalid conseguiu amalgamar o virtuosismo europeo coa alma popular da súa terra natal.
O Ciclo “Bicentenario Marcial del Adalid (1826-1881)” está encadrado nos “Martes das Artes”.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense.
Para ver o programa premer acó


.jpg)



