Remata o Ciclo de conferencias encadrado nos “Martes das Artes”, dirixido por Xosé Manuel Casabella López e coordinado Samuel Nión “A vida castrexa no Golfo Ártabro” composto por 4 conferencias nas que distintos puntos de vista procurarán lanzar luz sobre o mundo ártabro, un contexto tan atraínte como esquivo.
A derradeira ponencia, centrada na ourivería estudada no territorio ártabro, terá lugar o vindeiro martes 31 de outubro ás 20 horas baixo o título “Metalurxia e ourivería no territorio Ártabro” a cargo do Científico titular no INCIPIT-CSIC Xosé Lois Armada Pita que tamén desenvolveu a súa investigación na Universidade de Durham e no University College of London, ademáis de dirixir varios proxectos a escala nacional e europea e ser autor de máis de 70 traballos de investigación a escala internacional. A súa investigación está enfocada ao estudo da metalurxia protohistórica.
A entrada é libre ata completar capacidade