ABERTO PRAZO PARA A DEDICACIÓN DO “DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023”
Novas e Acordos
A un tempo que a Real Academia Galega de Belas Artes celebra a dedicación do ano 2022 ao creador lalinense José Otero Abeledo “Laxeiro” acordou, por mor da celebración do "Día das Artes Galegas", abrir o prazo de propostas para a dedicación do vindeiro ano 2023 e de tal xornada a unha figura senlleira das artes de Galicia. A centenaria institución, seguindo o Regulamento para a elección de candidaturas, outorga o prazo do 1 ao 30 de abril para entrada de propostas debidamente razoadas que deberán ser dirixidas á Real Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. 15001 A Coruña) ou ao mail info@academiagalegabelasartes.gal por organismos, institucións ou asociacións culturais. A primeira dedicación do día 1 de Abril, foi no 2015 ao Mestre Mateo, a do 2020-2021 dedicouse a Domingo de Andrade.