O sábado día 28 de outubro ás 11:00 horas, terá lugar no Instituto de Estudos galegos Padre Sarmiento a Sesión Extraordinaria Pública para a entrega da Medalla de Honra da Academia á Fundación Catedral de Santiago, dando cumprimento ao acordo plenario da Sesión celebrada o pasado 25 de xaneiro de 2020.
Con este galardón a Academia quere recoñecer os méritos da Fundación Catedral de Santiago, que dende a súa creación en 2008, loitou por cumprir os fins fixados nos Estatutos do seu Padroado, como son a a promoción da Catedral, fomentando o coñecemento e difusión da súa historia e patrimonio artístico e cultural; a creación de instrumentos e servizos que permitan afrontar con criterios de eficacia a xestión, explotación e valorización da mesma así como a obtención dos recursos que permitan a realización de cantas obras estímense necesarias para o mantemento, restauración e conservación preventiva do monumento.
Foto: Fundación Catedral de Santiago