O vindeiro martes 10 de xuño terá lugar ás 20 horas na Real Academia Galega de Belas Artes o recital titulado “Danzas Populares” no que Julio Mourenza, piano e Stefan Marinescu, violín interpretarán as obras: “Danzas Populares Gallegas” de Octavio Vázquez; “Danzas Folkloricas Rumanas” de Béla Bartók; “Danza Slava Op. 72 No. 2 (arranxo de Fritz Kreisler)” de Antonin Dvorak; “Danzas Húngaras (arranxo de Joseph Joachim)” de Johannes Brahms; “Porgy & Bess (arranxo de Jascha Heifetz)” de George Gershwin e “Frates” de Arvo Pärt.
O acto está encadrado nos “Martes das Artes” e terá entrada libre ata completar capacidade.
JULIO MOURENZA
Julio Mourenza inicia os seus estudos pianísticos coa profesora Natalia Lamas, no Conservatorio Superior de Música da Coruña, séndolle concedida a Matrícula de Honra e o Premio Extraordinario de Fin de Carrera.
Entre os anos 1991 e 1995 amplía a súa formación na Musik Akademie der Stadt Basel, de Basilea (Suíza), onde obtén o Diploma de Concerto (KonzertreifeDiplom), tras estudar cos profesores Laszlo Gyimesi (Piano), Gerard Wyss (Música de Cámara), Albert Guttmann (Acompañamento) e Rolf Möser (Clavicordio e Fortepiano). Nesta etapa, colabora asiduamente e actúa coa prestixiosa violonchelista Sol Gabetta. Posteriormente, ingresa na Academia Franz Liszt de Budapest, onde realiza estudos de Posgrao co profesor Kornel Zempleni durante o curso 1995-96. Continúa a súa formación pianística como alumno activo nos Cursos da aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares, cos prestixiosos pianistas Ferenc Rados, Charles Rosen e Paul Badura-Skoda.
Participa nos Cursos de Verán da Escola Superior de Música de Viena, Hochschule für Musik Wien, como alumno do profesor Rudolph Kehrer. Entre os anos 2002 e 2004 realiza o I Master en Interpretación Pianística organizado pola Universidade da Coruña, impartido polo profesor Albert Attenelle.
Como concertista actuou en prestixiosas salas galegas, como o Palacio da Ópera e Teatro Colón da Coruña, Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a Fundación Pedro Barrié de la Maza ou a Fundación Caixa Galicia na Coruña, así como noutras cidades de España, Suíza, Holanda e Hungría. Como solista con orquestra cabe destacar a súa colaboración coa RFG (Real Filharmonía de Galicia), baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretando o Concerto para piano e orquestra en Do maior KV 467 de Mozart. Coa devandita orquestra e director intervén como pianista na interpretación das Cancións Xacobeas de Antón García Abril, coa cantante Teresa Berganza, no Auditorio Nacional de Música de Madrid. Realiza outras colaboracións e estreas con membros da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) baixo a dirección de José Luis Temes, e coa Orquestra de Cámara Galega baixo a dirección de Rogelio Groba Otero.
También ha actuado como solista con la Banda Municipal de Música da Coruña, interpretando la “Rhapsody in Blue” de G. Gershwin. Es miembro fundador del grupo de música contemporánea ensemble s21.
Realizou a estrea absoluta e a gravación da Sonata para violoncelo e piano ‘Diálogos’, de Rogelio Groba e Groba, e a estrea da obra pianística de Xosé Arriola (1895-1954), por encargo do Consello da Cultura Galega. Estreou e/o difundido obras de numerosos autores contemporáneos, tales como: Juan Durán, Fernando Buide, Eduardo Soutullo, Ingrid Stölzel, Margarita Viso, Manuel Balboa, Wladimir Rossinskij, Ioannis Papadopoulos, Jeff Myers, Toru Takemitsu etc.
Interpretou en diversas ocasións as Variacións Goldberg de J.S. Bach, na Real Academia de Belas Artes da Coruña, e no Museo de Belas Artes da Coruña. Colaborou co fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, Premio Nacional de fotografía, en diversas presentacións da súa obra poética e concertos da súa exposición “After the Whale”.
Dos seus últimos proxectos cabe destacar a interpretación do ciclo completo de Sonatas para violín e piano de Beethoven, xunto ao violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia Stefan Marinescu, e a participación como solista na obra para piano e orquestra “Oiseaux Exotiques” de O. Messiaen, xunto á Banda Municipal de Música da Coruña.
Foi convidado por diversas institucións para ofrecer conferencias ao redor da Música e outras Artes. Atópase no proceso de elaboración da súa tese doutoral, investigando sobre as relacións entre Linguaxe e Música.
Julio Mourenza é na actualidade catedrático de Piano do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ademais, é Convidado regularmente a impartir concertos e cursos de interpretación pianística en diversos centros nacionais e estranxeiros como o Conservatorio Profesional de Ferrol, Conservatorio de Verona (Italia), Academia Superior de Música da Universidade de Praga (República Checa), Conservatorio de Maastricht (Holanda). Como docente, cabe destacar que varios dos seus alumnos foron gañadores do Concurso para actuar como solistas coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
STEFAN MARINESCU
Nacido en Bucarest no seo dunha familia de músicos, comezou a tocar o violín aos 6 anos.
A partir dos 7 anos a súa familia trasladouse a Italia.
Cursou estudos en: Mónaco, Montecarlo con J.C.Abraham na “Academie de musique Prince RanieriIII”; en Estados Unidos con Kurt Sassmanshauss e Piotr Milewsky no College Conservatory of Music” na Universidade de Cincinnati e en Alemaña con Petru Munteanu en Rostock na “Hochschule fur Musik und Theatre”.
Participou en numerosas clases maxistrais con Dorothy Delay, Peter Oudjian, Elisabeth Balmas, Stefan Gheorghiu.
Desde 2005 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia onde compaxina a súa actividade musical como violinista coa de profesor en proxectos educativos como Sonfuturo.
Vive en Oleiros coa súa muller e 2 fillos e é profesor na Escola Municipal de Música de Oleiros onde imparte clases e dirixe a Orquestra.
A actividade de violinista entusiásmao así como o de mestre, pedagogo e tamén máis recentemente o de luthier.