O vindeiro xoves 5 de xuño, dentro dos actos de conmemoración do 175º aniversario da creación do Liceo de Ourense, a Real Academia Galega de Belas Artes, celebrará na sede do Liceo de Ourense sesión pública para a entrega dos premios “Marcial do Adalid” na súa modalidade persoal á constancia musical aos membros da “Coral Liceo de Ourense”: dona María del Carmen Rodríguez Fernández; dona Isabel Dacosta García; dona María del Carmen Fernández Bello; don Francisco Fernández Guerra; dona María Carmen Varela García así como á familia da compoñente falecida dona María Dolores Fernández Ríos.
A continuación terá lugar un recital a cargo da “Coral Liceo de Ourense”.