A Real Academia Galega de Belas Artes celebrou o seu plenario mensual o este sábado 28 na súa sede da Coruña, encontro académico no que tras votación regulamentaria do pleno, presidido por Manuel Quintana Martelo, acordou dedicar a celebración do dia 1 de Abril do 2026 ao fotógrafo José Suárez.
A iniciativa desta celebración na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi o artista multidisciplinar compostelán Isaac Díaz Pardo.
A Academia Galega de Belas Artes tivo en conta para esta dedicación os seus numerosos méritos como ser considerado o fotógrafo galego máis internacional. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Fotógrafo e cineasta. Amigo de Miguel de Unamuno que prologou seu libro “50 fotos de Salamanca”. Influído polo pensamento da “Revista de Occidente” e as ideas artísticas das vangardas. No 1935 expón en París e Madrid. Comeza a rodar no ano 1936 o documental “Mariñeiros” interrompido polo Golpe de Estado. Exiliase na Arxentina en 1937, e ali vai traballar como realizador e director de fotografía de varios filmes.
En 1938 dirixe o filme “La mujer y el jockey”. È premiado pola fotografía no filme “Malambo” no 1942. Foi fotógrafo no xornal “La Prensa” en Bos Aires. Vive en Uruguay desde 1950 onde rexenta a libraria “El yelmo de Mambrino”. En 1956 viaxa a Xapón de correspondente de prensa. Alí namorase da cultura nipona e o teatro clásico “Noh”. Coñece ao director de cine, Akira Kurosawa co que mantivo unha boa amizade.Colabora coa revista “Life”, “US Camara”, “Vida gallega”, “Galicia emigrante”, “Atalaya”, “Ahora”, “Cinegraf”, entre outras. No 1959 volve a España, e edita un libro sobre “La Mancha” e outro sobre o mundo dos touros para unha editorial inglesa. Ilustra parte da “Historia de Galicia” de Otero Pedrayo e desde o ano 1971 participa nas tertulias do hotel Miño de Ourense onde è moi querido por Carlos Casares e o grupo dos “artistiñas”.
É autor das publicacións: “50 fotos de Salamanca” ,1932 “Nieve en la cordillera”, 1942 “La Mancha”,1965 “The Life and Death of the Fighting Bull”, 1966 “Galicia: terra, mar e xentes”, e director dos filmes “Mariñeiros” e “La mujer y el jockey”, así como director de fotografía de “Malambo”.
Foto: https://josesuarezfernandez.wordpress.com/