O vindeiro sábado 20 de setembro ás 11:30 horas, terá lugar na casa natal do que fora académico, compositor e director Adolfo Anta (Rúa Alameda, 20. A Coruña) a colocación dunha placa conmemorativa con motivo do 125 Aniversario do seu nacemento.
O acto de homenaxe contará coa presenza da Academia, da Asociación folklórica Aturuxo e de Cántigas da Terra, impulsoras da homenaxe, ademais do Concello da Coruña.