O pasado sábado 30 de abril a Real Academia Galega de Belas Artes celebrou Sesión Extraordinaria pública ás 12:00 horas no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense (Rúa Padre Feijóo, 14) para a recepción do académico electo da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía, don José María Eguileta Franco, quen pronunciou o seu discurso de ingreso baixo o título “Planeamento urbanístico, arqueoloxía, protección e investigación non concello de Ourense”.
O recipiendario foi contestado, en nome da a Corporación, por don Felipe-Senén López Gómez, membro numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía.
O señor Eguileta Franco, previa votación regulamentaria resultou elixido membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na Sesión Ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2021 cubrindo a praza de nova creación á que corresponde a Medalla número 35.