O vindeiro martes 13 de decembro dará comezo Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Agras “Casas Modernas”, encadrado nos “Martes dás Artes” e composto por 7 conferencias nas que se explicarán “aspectos básicos das leccións da arquitectura da Modernidade do século XX: a funcionalidade, o rol social, a iluminación e ventilación naturais, a relación cos espazos exteriores, etc. pero, sobre todo, a calidade espacial dalgúns dos exemplos máis paradigmáticos de Casas Modernas.”
Luz Paz Agras
A primeira conferencia titulada “Museo Casa Estudio Diego Rivera e Frida Kahlo” terá lugar o martes 13 de decembro e será impartida pola Dra. Arquitecta e coordinadora do Ciclo Luz Paz Agras. O día 20, Celestino García Braña, Dr. Arquitecto e académico impartirá a charla “Villa Mairea”. Xa no ano 2023, o Ciclo continuará o día 10 de xaneiro coa conferencia “Casa de Vidro” a cargo do Dr. Arquitecto e académico Fernando Agrasar Quiroga para proseguir o día 17 coa conferencia do Dr. Arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López “Vila Savoye e Vila Tugendhat”. O día 24 o Dr. Arquitecto e académico José Ramón Soraluce Blond, impartirá a conferencia “Casa Robie” mentres que o día 31 terá lugar a charla “Casa Alcino Cardoso e Casa Beires” a cargo do Dr. Arquitecto e académico Felipe Peña Pereda. Por último, o martes 7 de febreiro concluirá o Ciclo coa conferencia “Casa Ugalde” que será impartida polos arquitectos Patricia Sabín Díaz e Enrique M. Blanco Lorenzo.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Para ver o díptico do Ciclo premer acó