O mércores 1 de febreiro terá lugar a presentación da publicación do académico Xosé Carlos Valle Pérez “Laxeiro. Outros ollos, nova mirada”, acto que terá lugar ás 20:00 horas na sede da Academia.
Intervirán no acto Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade; Manuel Quintana Martelo, presidente da RAGBA e o académico e autor do libro Xosé Carlos Valle Pérez. A publicación é froito da colaboración entre a Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia e está incluída na conmemoración do “Día das Artes Galegas 2022”, dedicado nesta edición a Laxeiro.
Ao finalizar o acto, será entregado un exemplar da publicación a cada asistente.
DÍA: mércores 1 de febrero
HORA: 20 horas
LUGAR: sede da Academia Galega de Belas Artes (Praza pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña)