O xoves 4 de maio terá lugar a presentación ás 19 horas no Museo Municipal "Ramón María Aller" de Lalín, da publicación do académico Xosé Carlos Valle Pérez “Laxeiro. Outros ollos, nova mirada”, froito da colaboración entre a Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia. O libro, abonda sobre aspectos vitais e percorre a obra do pintor José Otero Abeledo “Laxeiro”, coñecido como un dos renovadores da pintura galega e figura á que foi dedicado o “Día das Artes Galegas 2022”. O acto, que contará coa presenza do autor; do presidente da Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; da Directora Xerente da Cidade da Cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo e do alcalde do Concello de Lalín José Crespo Iglesias, forma parte das iniciativas de conmemoración da pasada edición como exposicións, simposios ou publicacións, realizadas pola Academia para dar a coñecer a todo tipo de público a obra do artista lalinense.
Ao finalizar o acto, será entregado un exemplar da publicación a cada asistente.