A Real Academia Galega de Belas Artes, na sesión ordinaria celebrada o día 1 de xullo de 2023, acordou conceder a Medalla de Ouro “Marcial do Adalid, á Coral Polifónica “Follas Novas” da Coruña, atendendo ao seu extraordinario mérito como agrupación non profesional que, de maneira notoria, vén contribuíndo ao auxe e esplendor artístico musical de Galicia, cunha consolidada traxectoria histórica e unha recoñecible calidade artística.
O acto de entrega da Medalla de Ouro, levará a cabo en sesión extraordinaria pública a celebrar o sábado día 7 de outubro, ás 12:00 horas, na igrexa conventual das Capuchinas da Coruña.