O vindeiro luns 9 de marzo ás 10:30 horas terá lugar na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia en Pontevedra, a terceira charla-coloquio sobre a colección de arte do Parlamento de Galicia. A Real Academia Galega de Belas Artes e a Cámara Galega acordaron, despois dos protocolos asinados, poñer en marcha o programa Charlas-coloquio A Nosa Arte relativo ao fondo artístico da cámara en centros educativos e culturais do territorio galego e que ten como obxectivo divulgar aspectos sobre a valiosa e variada colección de arte do Parlamento Galego, fondos con representación das principais figuras da pintura, a escultura e a fotografía de Galicia.
O acto correrá a cargo do académico da Real Academia galega de Belas Artes José Carlos Valle Pérez, membro da Comisión creada pola Academia cara ao asesoramento para a conservación e valorización da Colección artística da cámara.


.jpg)



