Prosegue o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
O terceiro acto do ciclo terá lugar o próximo día 12 de maio no que Antón Reixa reflexionará sobre a súa traxectoria creativa.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) e teñen entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
ANTÓN REIXA
Nado en Vigo é Licenciado en Filoloxía galega.
Moi activo no mundo da poesía desde finais dos 70’ co Grupo de Comunicación Poética Rompente (“Silabario da Turbina”, “A dama que fala”, “As ladillas do travesti” e en 2021, “Que Hostia din os Rumorosos?”). En solitario publicou os poemarios: “Ringo Rango”, “Escarnio”, “Látego de Algas”, “Algo Raro Pasa Raro”, “Outlet”, “2ª Man”. En narrativa; “Transporte de Superficie” e “Michigan/Acaso Michigan”.
Cantante e letrista de Os Resentidos e Nación Reixa. As súas letras están recollidas no libro “Viva Galicia Beibe”.
Como produtor e director audiovisual, especialmente relevantes a serie “Mareas Vivas” e o filme “O Lapis do Carpinteiro”. Ten unha longa traxectoria en vídeo musical e TV de entretemento. Así como documentais.
En teatro escribiu textos para grupo Artello, Teatro do Morcego e a compañía suiza L’Alakran”. Actuou e escribiu “After Shave”.
“Melancoholemia” é o seu texto teatral máis recente, publicado en Editorial Kalandraka. El mesmo interpreta a versión monólogo.
Desde 1984 realiza traballos no ámbito da chamada “vídeo creación” e/ ou vídeo arte. A súa estética visual parte sempre da ilustración de textos literarios e de sobreranñia da palabra poética. Destacan: “Chove Contra-Pasado”, “Episodios Familiares”, “Nordesía”, “Cota De Pantalla” “Leccións De Cousas” (instalación), “Ringo Rango”, “Salvamento e Socorrismo” (colección MNRS).Ffrecuentemente os seu traballo en vídeo complementa as súas “performances”
Entre 1987 e 1996 realiza diversos videoclips (case sempre en colaboración con Antonio Segade) para Joaquín Sabina, Duncan Dhu, Rosendo, Los Enemigos, Mikel Erentxun, Luz Casal, Esclarecidos, Los Secretos, Siniestro Total, Os Resentidos, Nación Reixa etc.
Tras producir e presentar na TVG o programa Galicia, Sitio Distinto (1990-91), en 1998 Reixa estreou a serie Mareas vivas, ambientada na Galicia mariñeira contemporánea, que bateu récords de audiencia[20] na canle autonómica ata o seu final en 2002.
Un ano máis tarde, con parte do equipo de Mareas vivas, Antón fundou Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora foi El lápiz del carpintero[ (2003), adaptación ao cine da novela O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli (2007).
Moitos dos proxectos de Antón Reixa como produtor (citemos o programa de 2006 para a TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco Vila) presentáronse baixo o selo de Filmanova. Ten producido tamén contidos de entretemento e ficción para televisión (entre outras obras, Camarón, No sós vós, soy yo, El año de la garrapata, Lena, Diario de un skin, Fútbol de alterne, Tres días de abril etc.).
En 2021 foille concedida polo goberno español a medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes.


.jpg)



