VENRES 15 DE MAIO. PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN “OS CAMIÑOS DE LAXEIRO” MUSEO MUNICIPAL RAMÓN MARÍA ALLER DE LALÍN
Novas e Acordos
O vindeiro venres 15 de maio ás 20 horas terá lugar no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín (Rúa Ramón Aller, 9. Lalín, Pontevedra) a presentación do libro “Os camiños de Laxeiro”, publicación editada pola Deputación de Pontevedra e coordinada pola Real Academia Galega das Artes con fotos do académico Xurxo Lobato e textos de Xavier Magalhaes, Xavier Pérez Buxán, Cecilia Doporto, Celina Fernández Ponte e do tamén académico Felipe-Senén López Gómez (coordinador da mesma) na que se fai un percorrido pola vida e obra do artista lalinense José Otero Abeledo “Laxeiro”, a quen lle foi dedicado o Día das Artes Galegas 2022”, por Pontevedra, Vigo e a súa vila natal. O acto contará coa presenza dos autores dos textos e do coordinador da publicación así como guía das visitas que se realizaron a tal fin.