Prosegue o Ciclo “Artistas Galegas. A autora e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
O cuarto acto do ciclo terá lugar o próximo día 2 de xuño no que o gañador o World Press Photo 2025 Brais Lorenzo reflexionará sobre a súa traxectoria creativa.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) e teñen entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
BRAIS LORENZO
Nado en Ourense e formado en Fotografía e Xeografía e Historia, está interesado en temáticas sociais e medioambientais, cre no poder transformador da imaxe.
Desde 2010 compaxina o fotoxornalismo con traballos documentais de longo alento. É colaborador habitual de Bloomberg, AFP e Axencia EFE. Realizou fotografías para outros medios de comunicación estatais como El País, El Mundo, La Vanguardia, RTVE, Eldiario.es, Revista Luzes ou XL Semanal. As súas imaxes tamén se publicaron en medios internacionais como The Guardian, The New York Times, The Wall Street Journal, Washington Post ou Time.
O seu traballo foi recoñecido a nivel nacional e internacional cos premios World Press Photo, Ortega y Gasset, POYi, Sony World Photography Awards, Istanbul Photo Awards, Siena International Photo Awards, Estaçao Imagem, Galicia en Foco, Luis Ksado e Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, entre outros.
Compaxina o fotoperiodismo con traballos documentais. É colaborador habitual de medios como a Axencia EFE e medios de comunicación como elDiario.es, El País, Luzes ou RTVE ademais de realizar diversos traballos institucionais e comerciais.
Colabora co proxecto Habitar o baleiro, iniciativa que busca "documentar as tensións que vive un rural que esmorece entre o despoboamento, a crise ecolóxica e un abandono que condena as formas de vida tradicionais".
Entre os seus recoñecementos destacan o Premio Ortega y Gasset de Fotografía, coa imaxe titulada Cumpleaños; o Premio Luis Ksado de creación fotográfica en 2022 pola colección Lume, na que aborda a traxedia dos incendios forestais e as consecuencias do cambio climático e o Premio World Press Photo na categoría de Reportaxe Gráfica- Europa en 2025 por Terra queimada, reportaxe sobre a vaga de incendios forestais de 2025 en Galicia.


.jpg)



