O vindeiro o martes 6 de outubro ás 19:30 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes (praza pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) unha homenaxe ao académico Ramón Yzquierdo Perrín, finado no pasado ano.
O acto contará coas intervencións do académico José Ramón Soraluce Blond, quen impartirá a conferencia “Los pilares de la tierra”; así como de Ramón Yzquierdo Peiró, Director técnico e conservador do Museo da Catedral de Santiago de Compostela, fillo do homenaxeado, e do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Manuel Quintana Martelo.
O historiador Ramón Yzquierdo Perrín faleceu o 2 de outubro de 2025 en Santiago de Compostela. Destacou como un dos máis importantes investigadores da arte medieval e a arquitectura de Galicia, exercendo como catedrático e profesor nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.
Ao longo da súa carreira, achegou unha extensa bibliografía sobre as catedrais e mosteiros galegos. Formou parte activa da Real Academia Galega de Belas Artes desde o seu ingreso na mesma en 1989 —onde ocupou cargos de bibliotecario e tesoureiro— e foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Entre os seus maiores logros culturais sobresaen a reconstrución do coro románico da Catedral de Santiago e o seu papel crave na posta en valor do Mestre Mateo, que culminou nunha gran exposición no Museo del Prado.


.jpg)



