O vindeiro martes 10 de novembro a las 19.30 horas continúa o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Arias “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias.
A terceira conferencia do ciclo titulada “De vivenda moderna a contemporánea: GRAND PARC (Bordeus) e DE FLAT (Ámsterdam)” será impartida por Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo, e María J. González Meijide que disertarán sobre a transformación de 3 edificios sociais habitados en Grand Parc, Bordeus obra dos Estudos de arquitectura Lacaton Vassal, Frédéric Druot e Christophe Hutin e sobre o DeFlat Kleiburg, proxecto de rehabilitación arquitectónica en Ámsterdam gañador do Premio Mies van der Rohe 2017 obra dos estudos NL Architects e XVW architectuur.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)
.jpg)



