MARTES DAS ARTES: 23 DE SETEMBRO DE 2025 PEPE GALÁN NO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SUA OBRA”
Novas e Acordos
Comeza o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
O primeiro acto do ciclo terá lugar o próximo día 23 de setembro no que o escultor Pepe Galán reflexionará sobre a súa traxectoria creativa.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) e teñen entrada libre ata completar capacidade
PEPE GALÁN
Pepe Galán (A Coruña 1955). Iniciase na pintura a vez que experimenta con outros soportes como a serigrafía e o gravado medios que son compartidos co seu traballo escultórico.
Concorre en Feiras e exposicións nacionais e internacionais. Europa suponlle un importante contacto coas diferentes opcións artísticas, históricas e contemporáneas.
Partícipe e cofundador respectivamente de “A Galga” e “Gruporzán”.
Representante da xerazón que se dá a coñecer na década dos oitenta, tras comeza-la súa experimentación plástica na inmediatamente anterior.
Galán irá creando unha obra que transita por distintas etapas: o tecido en volume, o metal, e materiais translucidos como, plástico ou cristal.
Forma parte da Comisión executiva da Asociación de Artistas AGAV, iniciando unha etapa de compromiso a prol da política cultural e social do artista.
Integrase na Plataforma Burla Negra, realizando accións de activismo cultural.
Contribúe a creación da revista de arte Arnotes, de difusión internacional, editada en Galiza.
Deseña entre outros, os premios AGAPI 1999, para Asociación Galega de Produtoras Independentes, Escultura institucional honorífica da CRMH AC, (...)
Bolseiro pola Fundación Arte e Dereito.
Dirixe obradoiros e colabora en cursos para a Deputación da Coruña, MACUF Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, CEFORE Xunta de Galiza, (...)
Leva a cabo instalaxes efémeras na urbe, así como, en espazos naturais.
Premiado no concurso de ideas para realizar o monumento as vítimas da represión franquista en O Portiño.
Recibe diferentes encargos para espazos públicos como, esculturas e murais de grandes dimensións, executadas especialmente en aceiro cortén...
Actualmente traballa nun proxecto de arte, arquitectura e natureza no Souto das Esculturas Galán-Nistal. www.pepegalan.com