O sábado 18 de xuño a Real Academia Galega de Belas Artes celebrou Sesión Extraordinaria pública ás 12:30 horas no Auditorio de Verín (Camiño a Balneario de Sousas, s/n. Verín Ourense) para a recepción do académico de número electo da Sección de Artes da Imaxe, don Roberto Verino, quen pronunciou o seu discurso de ingreso baixo o título “Aportación da moda galega ao orgullo de país”.
O recipiendario, proposto polos académicos don Xurxo Lobato, don Xosé Díaz Arias de Castro, don Ángel Luis Hueso Montón e don MiguelAnxo Prado Plana foi contestado, en nome da a Corporación, por don Xurxo Lobato, membro numerario da Sección de Artes da Imaxe.
O señor Verino, previa votación regulamentaria, resulto elixido membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na Sesión Ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2021 cubrindo a praza vacante de nova creación.
Fotos Brais Lorenzo