O vindeiro martes 17 de xuño dará comezo Ciclo de conferencias “Experiencias en Arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 7 conferencias. A actividade está coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
A primeira conferencia titulada “A (auto)identificación da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): debate interior e crítica externa”, terá lugar o martes 17 de xuño e será impartida por Santiago Rodríguez Caramés. O día 16 de setembro, Alberto Rodríguez Arias impartirá a charla “La Estación de servicios laboratorio de Arquitectura”. O Ciclo continuará o día 30 de setembro coa conferencia “Arquitectura museística y expositiva” a cargo Alfredo Sellier. A seguinte charla terá lugar o 14 de outubro baixo o título “Arquitectura, Función e Innovación”, que será impartida por Mateo Miyar Olaiz. O 21 de outubro será a quenda de Santiago Catalán Tobía coa súa disertación “Arquitecturas Debuxadas”, continuando o Ciclo o día 28 de outubro coa charla “Recreacións de arquitecturas: novas metodoloxías de investigación para ou coñecemento das arquitecturas desaparecidas en Galicia” que será impartida por Jesús Ángel Sánchez, concluíndo o 4 de novembro coa conferencia “Obras recientes. Vigo, Ponteareas, etc.”a cargo de LIQE, integrado polos arquitectos Javier Couto, María José Núñez e Laura Priegue.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.