A Academia Galega de Belas Artes organizará o vindeiro martes 2 de decembro ás 20:00 horas o acto de entrega dunha obra de dona María del Carmen Pérez Pereira (Pamen Pereira), actividade incluída nos “Martes das Artes”.
Pamen Pereira, membro da Sección de Escultura, ingresou na Institución o 27 de maio de 2023 nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea cun discurso titulado “Demasiado cerca, demasiado lejos”, sendo contestada pola académica de número dona Asunta Rodríguez Rodríguez.
A artista fará a doazón dunha escultura de bronce e raíz de palmeira realizada en 2008 titulada “Emperador” e na que continuación terá lugar unha conversa na que participarán a propia escultora e o académico numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía e secretario Xeral da Academia don Felipe-Senén López Gómez.
Os “Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


.jpg)



