Retómanse as actividades encadradas para este ano nos “Martes das Arteas” co concerto que terá lugar o vindeiro martes 13 de xaneiro ás 20 horas a cargo do pianista Pablo Woiz no que interpretará obras de música arxentina, desde tangos tradicionais, milongas, folclore, composicións propias, asi como tamén música de Astor Piazzolla y Horacio Salgán entre as que que se inclúen: Galleguita de Horacio Pettorussi; Zamba del Pañuelo de Gustavo Leguizamon; Invierno Porteño de Astor Piazzolla; Grillito de Horacio Salgan; Tinba de Pablo Woiz; Responso de Anibal Troilo; Milonga Gris de Carlos Aguirre; Coral de Astor Piazzolla; Infancia de Andrés Pilar; Milonga del Angel de Astor Piazzolla; Conejo de Pablo Woiz e Piazzolla´s Solos de Astor Piazzolla.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña e vicepresidencia da Deputación de Lugo.
PABLO WOIZ
Nado en Buenos Aires en 1977 é un renomeado músico arxentino especializado en Tango e música arxentina. Como pianista, arranxador e compositor, enfócase nos seus proxectos "Pablo Woiz & Milonga Roots", un experimento de fusión musical que explora as orixes da música do Río de la Plata, o seu Trío de Tango Tradicional e o seu Quinteto, que rende homenaxe á importancia fundamental da danza. Tamén colabora coa cantante Noelia Tomassi e realiza concertos como solista. Traballou con lendas do Tango, incluíndo a Juan José Mosalini, Luis Stazo, Julia Zenko, Alfredo Marcucci, Quique Sinesi, Alberto Podestá e Osvaldo Montes, e participou no espectáculo "Tango Pasión" xunto co gañador do Grammy Luis Stazo e o sexteto de Gabriel Merlino na súa xira europea de 2009, 2015 e 2019. Woiz, nacido en Arxentina, vive e traballa en Berlín desde 2007.
Comezou a estudar música aos 6 anos e graduouse como Profesor Nacional de Piano no Conservatorio "Juan José Castro" de Buenos Aires. Continuou a súa formación cos Mestres Aldo Antognazzi e Gabriel Senanes en piano, harmonía e composición. Tamén ensinou música de maneira privada e no Instituto "Arte Vivo". Woiz formou parte do Quinteto Pantaleón, dedicado á música de Astor Piazzolla, e foi nomeado como Mellor Grupo Revelación nos premios Clarín. Participou no ciclo integral de música para piano só de W.A. Mozart en La Plata, Arxentina, e presentou recitais de piano só e música de cámara. Tamén formou parte do "Ensamble Joven de Música Contemporánea" de Buenos Aires.
Como pianista de Tango e música arxentina, Woiz tocou con varios grupos, incluíndo Danza Argentina, Dúo El Tropezón, Trio Tangente, 6 Australes, Stazo Mayor, Quinteto Lunfardo, Quinteto Angel, Trio Central e Ensamble Hyperion. Actuou en países como Chile, Panamá, Brasil, España, Francia, Alemaña, Italia, Grecia, Polonia, Irlanda, Inglaterra, Lituania, Bélxica, Suíza e Dinamarca. Tamén tocou xunto á Orquesta Típica Los Maestros, xunto a algúns dos máis importantes músicos do xénero, baixo a produción de Gustavo Santaolalla, gañador de dous premios Óscar.
Actou en:
Berliner Philharmonie, Kammermusiksaal - 2007-2008-2009-2021-2022; Gewandhaus Leipzig, 2022; Bachfest, Leipzig 2022 (Un tango para Bach); Innsbrück Tango Festival “La Locura” 2022; Hamburg Laeiszehalle – 2022; 3rd Thailand Tango festival, Bangkok 2019; La Seine Musicale, Paris 2019; Lyon Opera Theatre, 2019; Concert at Graduate Center of “City of New York University”, 2017 (NYC, USA) ; Festival "Música en Segura" 2016 - (Andalucía, Spain); Fourvière Festival 2008 - 2016 (Lyon, France); Tangopostale 2015, Toulouse (France); Teatro Solis de Montevideo (Uruguay, 2014); Teatro ND-Ateneo, Buenos Aires (Argentina 2014); Palazzo Liberty, Milano (Italy); Casino de Paris, (France, 2010); Berlin Tango Festival 2010, Volksbühne Berlin ; Live presentation NDR, Norddeutscher Rundfunk 2009; Théâtre des Champs-Élysées (Paris, France 2009); Festival de Tango de Buenos Aires - 2005


.jpg)



