O vindeiro martes 20 de xaneiro continúa o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
A seguinte conferencia titulada “EnJoint China. Expedición ETSAC 2025” será impartida por Miguel Abelleira e Luis Walter Muñoz Fontenla na que se tratarán aspectos relativos á duodécima edición do Joint, unha expedición da ETSAC, composta por 14 estudantes e 2 profesores, que visitaron as ciudades chinesas de Pekin, Hohhot, Datong, Chengdu, e Xangai viaxaron en maio de 2025 dentro do convenio de colaboración entre a Escola de Arquitectura de Galicia ten e o Joint Graduate Design Project, coas Escola chinesas de Harbin e Hohhot.
A Academia quere facerse eco desta intensa experiencia e convidando aos profesores encargados, Luis Muñoz e Miguel Abelleira, a ditar dúas conferencias nun ambiente distendido.
A primeira charla, propón un percorrido polo percorrido realizado pola expedición, poñendo o foco no grupo, nas persoas. Unha visión particular da última experiencia desenvolvida no marco dese convenio. Un paseo compartido polos recordos da viaxe
A segunda, que se impartirá o 27 de xaneiro no mesmo lugar e á mesma hora, versará sobre unha análise comparativa, desde as súas orixes ata a contemporaneidade entre dúas das cidades máis importantes, e á vez máis coñecidas, de China: Pekin e Xangai.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña e vicepresidencia da Deputación de Lugo.
MIGUEL ABELLEIRA DOLDÁN
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Especialidadede Urbanismo (1989). Especialidade de Edificación (1990).
Doutor Arquitecto pola Universidade da Coruña (2016). Premio Extraordinario de Doutoramento.
Profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, do que foi Secretario (06.04.2017 – 10.05.2021 e 07.06.2021 – 22.10.2021).
Docente na Escola de Arquitectura da Coruña desde 1991, da que foi Subdirector – Xefe de Estudos (23.10.2021 – 28.11.2023) ata o seu nomeamento como Director (29.11.2023); na Escola de Deseño Industrial de Ferrol desde o curso 2004/2005 ata o 2023/2024 e na Universidade Senior entre os cursos 2018/2019 e 2023/2024.
Membro de IALA: Grupo de Investigación en Historia de a Arquitectura (https://www.udc.es/iala/). Membro do Grupo de Innovación Educativa en Historia da Arquitectura.
Organizador de cursos e de ciclos de conferencias sobre arquitectura e deseño industrial.
Autor / Coautor de comunicacións sobre, arquitectura, deseño industrial e docencia universitaria en congresos nacionais e internacionais.
Impartiu conferencias e participado en Mesas Redondas sobre arquitectura e deseño industrial.
Autor de diversos informes, artigos e capítulos de libros sobre arquitectura de tempos e lugares diversos e deseño industrial.
Compaxina a actividade docente e investigadora coa profesional.
LUIS WALTER MUÑOZ FONTENLA
Nado na Coruña, é Doutor Arquitecto. Máster en Restauración Arquitectónica (pola UDC) e en Xestión e Dirección de Empresas Construtoras (pola UPM). Profesor de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
É coordinador da Unidade de Investigación pARQc (Paisaxe, Arquitectura e Ciudad) da Universidade da Coruña.
Compaxina a docencia e a investigación coa súa carreira profesional que iniciou en 1991. Entre 1994 e 2003 estivo vinculado ao Instituto Tecnolóxico de Galicia como director, conselleiro e membro do Padroado. Desde 2003 a 2012 foi o responsable de proxectos do grupo Fontenla.
Fundador da Editorial Labirinto de Paixóns S.L. Especializada na publicación de obras de Arquitectura e Arte. Autor de diversas publicacións sobre arte, deseño e arquitectura. Participa habitualmente en congresos e seminarios.


.jpg)



