O vindeiro martes 27 de xaneiro ás 19:30 horas continúa o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
A seguinte conferencia titulada “As ciudades do dragón” será impartida por Miguel Abelleira Doldán, director da ETSAC. Esta charla é a segunda relativa a China e versará sobre unha análise comparativa, desde as súas orixes ata a contemporaneidade entre dúas das cidades máis importantes, e á vez máis coñecidas do país asiático: Pekin e Xangai.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
MIGUEL ABELLEIRA DOLDÁN
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Especialidadede Urbanismo (1989). Especialidade de Edificación (1990).
Doutor Arquitecto pola Universidade da Coruña (2016). Premio Extraordinario de Doutoramento.
Profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, do que foi Secretario (06.04.2017 – 10.05.2021 e 07.06.2021 – 22.10.2021).
Docente na Escola de Arquitectura da Coruña desde 1991, da que foi Subdirector – Xefe de Estudos (23.10.2021 – 28.11.2023) ata o seu nomeamento como Director (29.11.2023); na Escola de Deseño Industrial de Ferrol desde o curso 2004/2005 ata o 2023/2024 e na Universidade Senior entre os cursos 2018/2019 e 2023/2024.
Membro de IALA: Grupo de Investigación en Historia de a Arquitectura (https://www.udc.es/iala/). Membro do Grupo de Innovación Educativa en Historia da Arquitectura.
Organizador de cursos e de ciclos de conferencias sobre arquitectura e deseño industrial.
Autor / Coautor de comunicacións sobre, arquitectura, deseño industrial e docencia universitaria en congresos nacionais e internacionais.
Impartiu conferencias e participado en Mesas Redondas sobre arquitectura e deseño industrial.
Autor de diversos informes, artigos e capítulos de libros sobre arquitectura de tempos e lugares diversos e deseño industrial.
Compaxina a actividade docente e investigadora coa profesional.


.jpg)



