O vindeiro o xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes (praza pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) unha homenaxe a Ánxeles Penas García, poeta, creadora multidisciplinar, crítica de arte e docente, pola súa constancia e saber nunha obra de sensibilización e humanismo, acto promovido por persoas vinculadas á literatura, a arte, así como a colectivos culturais de Galicia. O acto estará guiado por Felipe-Senén López Gómez e contará coa participación de Soledad Penalta, Carlos Pereira, Xavier Seoane, Pedro Abeledo, Marta Pardo de Vera e a homenaxeada, así como unha intervención musical a cargo de Mijail Moriatov.
ÁNXELES PENAS GARCÍA
É Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e en Belas Artes pola Facultade de San Fernando en Madrid.
Ten estudos de música no Conservatorio da Coruña así como de Maxisterio.
No referente á súa faceta artística, é escultora e pintora participando en máis de cincuenta exposición. En 1975 funda o Grupo de Arte Experimental A Carón; así mesmo, é membro de AULIGA e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.
Colaborou nas revistas Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y vida, na revista de Internet EON MAGAZINE, crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña, La Voz de Galicia ("Faíscas"), Diario de Ferrol. Ten estudado a Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Grandío e Laxeiro.


.jpg)



