O vindeiro mércores, 4 de marzo de 2026, celebrarase o acto de clausura do Día das Artes Galegas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes. Será un evento aberto ao público que comezará ás 19:30 horas e presentado polo académico Xurxo Lobato quen dará a palabra ao vicepresidente da Academia, Celestino García Braña; a continuación o membro da Sección de Artes dá Imaxe Xosé Díaz impartirá unha pequena charla tras a cal terá lugar a intervención da alcaldesa do Concello da Coruña Inés Rey García quen clausurará o acto. Finalmente a tamén académica Rosa Cedrón interpretará ao violoncelo composicións de Bach (compositor favorito de Isaac Díaz Pardo).
Esta acto pecha un ano de simposios e conferencias, que comezou coa exposición “A barca de Caronte” no Museo de Belas Artes da Coruña. Ademais, elaboráronse publicacións e carteis, como o Cartel de cego elaborado polo artista sobre a vida de Castelao, que foron distribuídos polos centros educativos galegos para dar a coñecer a importancia da figura de Isaac Díaz Pardo na cultura galega.


.jpg)



