O vindeiro 19 de maio terá lugar ás 19:30 horas un dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento que consistirá na presentación da publicación de “Motetes de Marcial del Adalid”, edición do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses a cargo de Marcos Mato Collazo e Luis Martínez Sánchez.
O acto contará coa participación de Margarita Viso Soto (coordinadora da publicación), do académico e membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses José Ramón Soraluce Blond (en representación deste último) e do académico da Sección de Música Juan Durán, presentación que rematará coa interpretación, ao piano, dunha selección dos motetes de Adalid por parte de membros do orfeón Terra a Nosa.
Esta actividade está organizada polo Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e debido ao aforo limitado da sala, é imprescindible confirmar a asistencia no correo institutocornide@coruna.gal


.jpg)



