O vindeiro martes 3 de novembro ás 19:30 horas terá lugar una nova charla do Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
No acto, o arquitecto Emilio Rodríguez Blanco impartirá a conferencia "Ante todo mucha calma", na que tratará aspectos relativos á súa obra máis recente.
Todos os actos dos “Martes das Artes” teñen lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
EMILIO RODRÍGUEZ BLANCO
Arquitecto pola ETSA da Coruña (1999). Erasmus na TU Graz, ILAUD no IUAV Venecia. Colaborou entre outros con Coop-Himmelblau, ACXT Idom, ou Irisarri-Piñera. Profesor de proxectos na ETSA A Coruña. Profesor visitante na Fakultät Architektur OTH Regensburg e invitado no Harbin Institute of Technology, Inner Mongolia University of Technology, ENSA Clermont Ferrand, IUAV Venecia, Faculté d´Architecture Université Liège.
Compaxina o labor docente co profesional. recibindo diversos recoñecementos, entre outros: Seleccionado Premios Enor de Arquitectura, Premio COAG de arquitectura categoría equipamento, Mención Premio de arquitectura de Galicia, Premio COAG de arquitectura categoría rehabilitación, Finalista Premio COAG de Arquitectura categoría Vivenda. Premio Juana de Vega de Arquitectura e Accésit Premio Juana de Vega de Arquitectura en tres edicións.


.jpg)



