Remata o Ciclo “Vivenda colectiva s.XX: A Revolución Social”, actividade coordinada por Luz Paz Agras composta por 4 conferencias e encadrada nos “Martes das Artes”.
A derradeira conferencia do Ciclo terá lugar ás 19:30 h. o vindeiro martes 10 de marzo na que as arquitectas Miriam Moldes Montes e Noelia Vázquez Abelenda impartirán a charla titulada “As Alternativas: Elizabeth Denby en Londres e Halina Skibniewska en Varsovia” na realizarán unha descrición sobre a obra da arquitecta inglesa Elizabeth Denby, figura clave no desenvolvemento de vivenda colectiva para a clase obreira, e da arquitecta polaca Halina Skibniewska, primeira deseñadora de vivendas independentes para persoas discapacitadas.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
Para ver o díptico do Ciclo premer acó


.jpg)
.jpg)



